Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidade da Coruña

I Edición Premios UDC Sustentabilidade a TFGs e TFMs 2018

Xa están publicadas as Bases do "I Edición Premios UDC Sustentabilidade" aos traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) que mellor integraron as dimensións da sustentabilidade nos seus proxectos.
Consulta condicións e prazos na seguinte ligazón: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2018/004042
A Universidade da Coruña vén desenvolvendo nos últimos anos un programa de mellora continuada para a sustentabilidade no marco da Guía para a sustentabilidade na UDC (2011) e no Plan estratéxico da UDC 2013-2020. Este obxectivo incluíu a creación de comités ambientais nos centros (Programa Green Campus), a elaboración de plans sectoriais en Mobilidade e espazo público, Eficiencia enerxética, Uso sustentable da auga, Xestión de residuos e Ambientalización curricular. No marco destes plans desenvólvense iniciativas tales como a mellora da recollida selectiva de residuos, a compostaxe de residuos orgánicos, a introdución de equipamentos e prácticas de aforro e uso eficiente da enerxía e da auga, instalacións de produción de enerxía renovable, o préstamo de bicicletas e outras accións de fomento da mobilidade sustentable, a conservación e mellora da biodiversidade nos espazos fluviais e forestais do campus universitario, a introdución de recomendacións e contidos relativos a sustentabilidade nas guías docentes, a promoción da saúde e dos hábitos de vida saudables, ou o programa de sensibilización e voluntariado ambiental.
Con esta convocatoria, a Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade, a través da Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC), quere contribuír ao recoñecemento dos traballos que contribúen a un mellor coñecemento e á adopción de medidas e prácticas de sustentabilidade.

Modalidades

  1. Premio aos traballos fin de grao da UDC que mellor integraren as dimensións da sustentabilidade nos seus proxecto
  2. Premio aos mellores traballos fin de máster da UDC que mellor integraren as dimensións da sustentabilidade nos seus proxectos. 
A dotación total destinada aos premios será de dous mil catrocentos euros (2400 €)
Prazo aberto ata o 31 de decembro de 2018.
Share on Google Plus

0 comentarios: