11/10/2018

Cambio no I Encontro Solar en Ferrol!


O evento queda cancelado por mala previsión do tempo. No seu lugar haberá:

Exposición sobre enerxía solar "Enchufados ao sol", da man de ADEGA, e "Aparellos para a cociña solar" da man de Juan Bello
Lugar: Sala contigua ao Salón de actos da Vicerreitoría do campus de Esteiro (Ferrol)

Achégate a coñecer como aproveitar esta enerxía limpa e inesgotable, e as súas posibilidades na cociña.

Visita libre, do 17 ao 31 de outubro en horario de 9 a 14 h e de 17 a 21 h


Comezamos  unha nova tempada de encontros solares na UDC! Esta vez, estrenámonos no campus de Esteiro en Ferrol o día 17 de outubro*, coincidindo no IV Mes de Outubro UDC Saudable.
*Celebración en función da climatoloxía: confirmación aquí o luns 15.

E qué é isto dos encontros solares?
É unha actividade promovida pola Oficina de Medio Ambiente, e organizada pola Asociación Ecoloxista ADEGA en colaboración con Juan Bello, especialista en cociña solar. Celebramos un xantar colectivo cociñando exclusivamente con fornos solares, aproveitando así esta enerxía limpa e renovable.

Bótalle un ollo a como foi nas pasadas edicións: Timelapse do V Encontro Solar, Crónica do V Encontro solar, Fotos,..

Gustaríanos  moito contar convosco para esta nova edición, para iso só hai que mandar un correo a oma2@udc.gal e indicar:
  • - se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo
  • - se xa tedes forno, ou se precisades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan!)

Tamén tedes a posibilidade de construír o voso propio forno cunha caixa de cartón, moi sinxelo e barato! Seguide ás instrucción en:

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta a casa.

Durante a xornada contaremos co asesoramento de expertos en cociña solar, especialmente para quen se estea iniciando no tema.

O programa completo da xornada será o seguinte:
11:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar.
17:00h  Recollemos.

Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós: oma2@udc.gal
VÉMONOS EN FERROL!


0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib