24/05/2018

Limpeza de praias no Día Mundial dos Océanos

Data: venres 8 de xuño

Horario de 11:30 a 14h.

Co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, o venres 8 de xuño a Oficina de Medio Ambiente, ADEGA e a asociación Mar de Fábula organizamos unha limpeza simultánea de praias que se desenvolverá na Praia de Bastiagueiro (Oleiros) e na Praia de Caranza (Ferrol) cuxos campus universitarios están integrados no proxecto europeo Green Campus, e na praia de Bens na Coruña.   


O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña, que se adopten actitudes que contribúan á diminución do uso dos plásticos e, sobre todo a evitar que estes cheguen ao medio mariño.
Cada ano millóns de toneladas de residuos (entre 8 e 10M, principalmente plásticos) rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que transcende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.

Ante a proximidade da festividade do San Xoán gostarianos lembrarvos que celebredes esta festa sen estragar o medio natural, evitade os plásticos e vaixela dun só uso e sobre todo, que non rematen no mar!!

Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, convidamos a unirvos a esta limpeza de praias. 
Se estades interesadas/os nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo:

oma2@udc.es co voso NOME+DNI Indica tamén en que praia queres participar!! 

Nota: Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación en actividades da OMA.    
PRAIAS:
  • Caranza (Ferrol). Coordena Campus de Ferrol/ ADEGA.    
  • Bastiagueiro (Oleiros). Coordena Campus de Oleiros /ADEGA 
  • Bens (A Coruña). Coordena Mar de Fábula.
Máis info: 
Web de ADEGA 
Web de Mar de Fábula 
Web da OMA

Ligazóns

Descargas

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib