16/05/2018

Alimentación: supermercado ou horta? (21 de maio)
Obradoiro teórico-práctico impartido por V de Vegetal dentro do programa Manchando as Mans da OMA-UDC


V de Vegetal ten como obxectivos a transmisión da importancia da alimentación saudábel, dende a horta até as células, coma un dos piares da nosa saúde. Creación de conciencia crítica e capacidade de decisión, fomentando unha alimentación saudábel, en base á ciencia, á experiencia e á palatabilidade.
No obradoiro inclúese unha parte teórica na que se expoñen as bases a ter en conta nunha alimentación saudábel, e outra parte práctica na que se interpretarán diferentes etiquetaxes de alimentos achegados ao obradoiro. 

A actividade é gratuíta pero é preciso inscrición en oma2@udc.gal
As prazas son limitadas.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib