Alimentación: supermercado ou horta? (21 de maio)
Obradoiro teórico-práctico impartido por V de Vegetal dentro do programa Manchando as Mans da OMA-UDC
Obradoiro teórico-práctico impartido por V de Vegetal dentro do programa Manchando as Mans da OMA-UDC
V
de Vegetal ten como obxectivos a transmisión da importancia da
alimentación saudábel, dende a horta até as células, coma un dos piares
da nosa saúde. Creación de conciencia crítica e capacidade de decisión, fomentando unha alimentación saudábel, en base á ciencia, á experiencia e á palatabilidade.
No
obradoiro inclúese unha parte teórica na que se expoñen as bases a ter
en conta nunha alimentación saudábel, e outra parte práctica na que se
interpretarán diferentes etiquetaxes de alimentos achegados ao
obradoiro.
A actividade é gratuíta pero é preciso inscrición en oma2@udc.gal.
As prazas son limitadas.
0 comentarios:
Publicar un comentario