10/11/2017

DEPURACIÓN ECOLÓXICA

bolseirxs OMA-UDC
Depuración ecolóxica e autoxestionada.
 
15 de novembro, 12:00 h

ETSA (Arquitectura, A Zapateira)

Depuración ecolóxica e autoxestionada.

Visita a planta piloto de humidais construídos.

Por David de la Varga, da empresa Sedaqua, spin off da UDC.
Inscripcións en oma3@udc.gal

A depuración en humidais construídos adaptase a calquera nivel de escala, desde a vivenda unifamiliar,  até aldeas e vilas duns poucos miles de habitantes. Trátase dun sistema de fitodepuración, depuración mediante plantas como xuncos, espadas ou carrizos, que non consume enerxía nin precisa de produtos químicos. Procesos naturais para unha vida  máis sostible.
Nesta actividade poderás coñecer os fundamentos e as técnicas construtivas deste tipo de depuradora, a situación en Galiza, e mesmo visitar unha planta piloto demostrativa.

Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello de A Coruña.
Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente. 
http://www.udc.gal/sociedade/medio_ambiente/actualidade/creditossustentab.html


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib