23/03/2017

XORNADA BIOCONSTRUCIÓN

Xornada de bioconstrución
Campus de Elviña
martes, 28 de marzo ás 17h30
Gratuíta, prazas limitadas
___________________________________________________________________________________________


A construción sustentable é un dos piares básicos contra o cambio climático. Tras o éxito que tivo na convocatoria anterior, a Oficina de Medio Ambiente, volta organizar unha xornada sobre a bioconstrución.

Esta xornada será o próximo día 28 de marzo. Quedaremos no Campus de Elviña, no espazo que hai entre a Casa do Lagar e a Facultade de Informática ás 17h30. Comezaremos a visita no BANCOB que recibe este nome por ser feito coa técnica COB, que utiliza arxilas, areas, palla e barros.

Alí Marta Salgado, Aparelladora e Víctor González, Arquitecto, membros de ESPIGA (Asociación galega para a Bioconstrución) explicarannos os detalles e principais características da técnica e como se levou a cabo. No proxecto tamén participou Enxeñería Sen Fronteiras.

Dende alí, dirixirémonos ata o CIFP SOMESO para visitar o módulo de bioconstrución, A Vieira, onde recibiremos ampla información por parte do profesor Juan Bello. A Vieira está diseñada mediante criterios bioclimáticos que teñen en conta a orixe dos materiais, sendo en esencia de orixe natural, como palla para o illamento ou barro para os enfoscados e madeira para a estrutura, e criterios enerxéticos como a orientación das aperturas ao exterior para o aproveitamento de enerxía solar. 

Para poder organizar ben a actividade, incribídevos nesta ligazón ou en oma3@udc.es 







0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib