15/03/2017


Mantemento do Monte da Fraga e limpeza da charca

Campus da Zapateira

Mércores, 22 de marzo

___________________________________________________________________________________________



CANCELADO



A Oficina de Medio Ambiente (OMA) organiza o próximo mércores 22 de marzo unha visita ao Monte da Fraga, para dar a coñecer este espazo natural a toda a comunidade da Universidade e ao público interesado en xeral. Esta actividade encádrase dentro do día da árbore (21 de marzo) e do día da auga (22 de marzo). 

Durante esta visita, aproveitarase para realizar algunas actividades de mantemento, como son a colocación de titores para as árbores máis novas e arrancar algún brote de eucalipto que fose necesario. 

Durante a actividade, tamén se visitará a charca que hai por riba da Facultade de Ciencias, aproveitando para a súa limpeza se fose necesario. 

A actividade estará dirixida por Javier Cremades, profesor de Botánica da UDC. 

Para a actividade, recomendase traer calzado e roupa axeitada e cómoda para andar polo monte. O punto de encontro serán as escaleiras que unen a Facultade de Ciencias con Filoloxía ás 16h. 

Para una mellor organización da actividade, rógase anotarse no correo oma3@udc.es

Recordamos ao mesmo tempo que se pode obter un certificado por realizar actividades de voluntariado grazas á colaboración entre a OMA e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.





0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib