15/06/2016

CAMPAÑA DE AFORRO DE AUGA NA EUAT E ETSA

Desde o programa Green-Campus da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT) e Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA), seguindo coa campaña de aforro de auga da Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA), instalouse un sistema de redución de caudal en determinadas billas das dúas facultades.
A través desta campaña, búscase promover a conciencia ecolóxica e de aforro dun recurso fundamental e básico como é a auga.
Deste xeito, preténdese reducir o consumo de auga nas instalacións e actividades universitarias, así como a transmisión dunha mensaxe que leve ao coidado deste prezado ben en tódolos ámbitos da vida.
O sistema de aforro escollido foi a instalación de perlizadores eficientes para reducir o caudal das billas, despois de seleccionar entre diferentes modelos dispoñibles no mercado os que dispensaban o caudal máis axeitado. Os perlizadores son uns elementos dispersores que mesturan aire con auga apoiándose na presión, reducindo de este modo o consumo de auga.
Colocáronse en total 24 perlizadores, repartidos polos diferentes baños da planta soto e a planta primeira da EUAT, e polas plantas -1 e primeira do edificio de departamentos da ETSA. Estes perlizadores permiten ter un consumo de auga de 1,9 litros por minuto, fronte aos 8,6 L/min que se consumían anteriormente. Acádase así unha redución do 78% no gasto de auga nos lavabos.

Imaxe: Perlizadores colocados na EUAT e na ETSA.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib