O pasado mércores 13 de abril
tivo lugar o obradoiro de construción
de fornos solares con caixas de cartón impartido por Juan Bello, experto en cociña solar e
profesor de edificación e obra civil do CIFP de Someso. Arredor dunhas vinte e cinco
persoas construímos os nosos fornos.
O obxectivo desta actividade é coñecer e experimentar coa enerxía solar, que culminará coa celebración
do IV ENCONTRO SOLAR, onde cociñaremos co forno que construímos hoxe. O
Encontro Solar terá lugar, se a meteoroloxía o permite, o 4 de maio no aparcamento do Edificio Xoana
Capdevielle. Isto confirmarase no blog da OMA o luns día 2 de maio, e se a
previsión é de choiva, adiarase para o seguinte mércores, 11 de maio.
A xornada comezou cunha charla introdutoria
onde se explicaron os distintos mecanismos que hai para cociñar co sol, as súas
utilidades e beneficios. Nun ano o sol envía a terra catro mil veces a enerxía
que consumimos, por iso debemos aproveitar este recurso natural inesgotable que
temos sempre á nosa disposición.
Unha vez
feita a introdución, comezamos coa construción do forno. Os participantes agrupáronse
cada 2 – 3 persoas para realizar o forno solar. O custo medio dun forno solar é
de 4€ e a temperatura que pode acadar é de 150º, dependendo da cantidade de illamento
que se lle poña. Se queredes construír un forno solar na vosa casa é moi
sinxelo, seguindo as instrucións das páxinas web que indicamos abaixo.
Para rematar
o obradoiro, Juan Bello deunos unha serie de consellos para cociñar coa enerxía
solar, tempos de preparación, receitas que se poden elaborar, e ensinounos
algunhas imaxes das diferentes comidas que se prepararon na pasada edición do III
Encontro Solar: o grupo de participantes quedamos con ansias de poder
participar no Encontro o día 4 de maio para así degustar as receitas de cociña
solar!!
-
Para máis información sobre esta e outras actividades organizadas pola OMA,
así como para confirmación de datas para o IV Encontro Solar: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
-
Instrucións para a construción
dun forno solar:
- Álbum fotográfico do III
Encontro Solar (2015) na seguinte ligazón: https://picasaweb.google.com/105713614573572913754/IIIEncontroSolar2015?feat=directlink
PROGRAMA
DO IV ENCONTRO SOLAR (2016):
Data e hora: 4 de maio, de 10:00 a 16:30.
Lugar: aparcamento do edificio
Xoana Capdevielle da UDC.
10:00h
Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares*.
12:30h
Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC*.
14:00h
Xantar colectivo e degustación de comida solar*.
*Inscricións
a través de google forms (pincha aquí)
0 comentarios:
Publicar un comentario