14/12/2015

CRÓNICA VI XORNADA SUSTENTABILIDADE NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
Propostas e reflexións para un consumo consciente e responsable

O pasado día 1 de decembro celebrouse na Facultade de Socioloxía e CC. da Comunicación a sexta xornada de Sustentabilidade, para promover un consumo consciente e responsable nestas datas entre a comunidade universitaria. Houbo diferentes obradoiros e outras actividades desenvolvidas polo persoal bolseiro e o voluntariado da OMA, e por un bo número de entidades colaboradoras. Alí estiveron Arquitectura sen fronteiras, Mar de mares, Grupo naturalista Hábitat, CEIDA, Equus Zebra, Mobilízate pola selva, Enxeñería sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Espiga, asociación Mobi-Liza por unha mobiidade sustentable, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e ADEGA.


Os obradoiros organizados foron impartidos en diferentes horarios de mañá e de tarde, e outros de forma continuada o longo de toda a xornada.
O obradoiro de cosméticos naturais foi impartido por ADEGA, e nel fíxose bálsamo labial e pasta de dentes natural e ecolóxica, ademais de comentar as propiedades das diferentes plantas. Bolseiras da OMA fixeron o de reutilización de caixas de froitas para decoración. Todo isto, pola mañán.


Os  obradoiros da tarde foron os de reutilización de botes de cristal e o de elaboración de adornos de Nadal con refugallos. Ambos obradoiros foron impartidos por bolseiras da OMA, e para rematar o colectivo Mobi-Liza organizou un obradoiro sobre ergonomía, mantemento básico e uso da bici na cidade; aprendemos a facer reparacións a nosa bici e, moi importante tamén, como manexala  de xeito correcto.


Ademais durante todo o día recolleuse aceite usado por Mulleres Colleiteiras, móbiles por Mobilízate pola selva e roupa e xoguetes por Equus Zebra, colectivos que tamén presentaron e explicaron os seus proxectos. É admirable a boa resposta e solidariedade da comunidade universitaria xa que en poucas horas recolleuse unha boa cantidade de material para reciclar e reutilizar.
Ao longo das xornadas fixemos cadernos con papel reutilizado dentro da campaña “2 caras, 2 usos”  cuxo obxectivo é diminuír o consumo de papel e aproveitalo polas dúas caras. Organizamos tamén un mercadiño de troco, este pola contra con escasa participación.


Para rematar a xornada, proxectouse a documental Fíos Fora, documental moi interesante que recolle a historia do téxtil en Galicia dende os anos 70 ata a actualidade mediante as testemuñas de persoas do sector. Foi presentado por persoal de Amarante con quen, ao remate da proxección, mantivemos un interesante debate.
Asociado ao documental, tamén tivemos na Facultade de Socioloxía a Exposición da Pegada Ecolóxica, que se pode seguir visitando durante todo o mes de decembro.
Podes ver máis no noso Facebook
Mais información das entidades participantes:
Arquitectura sen Fronteiras- http://galicia.asfes.org/
Grupo naturalista hábitat- http://gnhabitat.blogspot.com.es/
Enxeñería sen fronteiras- http://esfgalicia.blogspot.com.es/

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib