O vindeiro 1 de decembro celébrase a VI Xornada de Sustentabilidade na UDC.
Un ano máis, gustaríanos invitarvos a
participar nas actividades que organizamos desde a OMA, aproveitando a chegada
do Nadal para fomentar entre a comunidade universitaria unha mensaxe de consumo
responsable e coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.
Durante toda a xornada poderás participar en:
- Obradoiro de libretas 2 caras 2 usos
- Exposición A Pegada Ecolóxica
- Mercadiño de troco:Trae os teus Libros, Roupa e Accesorios e volta a casa con uns novos!!
Contaremos con puntos de recollida de:
- Móbiles
- Roupa e xoguetes
- Aceite usado
Participa doando as cousas que xa non che serven!!
Haberá obradoiros gratuitos durante a xornada:
- Cosmética natural
- Reutilizamos caixas de froita e botellas
- Creación de adornos de Nadal con refugallos
- Ergonomía e mantemento da bici
Ademais, contaremos coa proxección de Fíos Fora, documental que fai un novelo
do sector téxtil en Galiza e no extranxeiro, antes e agora. http://fiosfora.gal/
Algunhas das entidades participantes que
poderás coñecer son:
Enxeñería sen
fronteiras, Arquitectura sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Mobi-Liza,
Espiga, Grupo Naturalista Hábitat, CEIDA, Oficina de Cooperación e Voluntariado
da UDC, Mar de Mares, Equus Zebra, Mobilizate pola Selva.
Esperámoste o día 1
de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía, en
horario de 11 a 18 horas!! Ven e participa!!
Máis información no blog na OMA, Facebook e Twitter.
0 comentarios:
Publicar un comentario