28/10/2015

Proxecto Ríos 2015

O próximo 4 Novembro ás 15:30 h terá lugar a primeira xornada de Voluntariado Ambiental deste curso 2015-16 na UDC.

A Oficina de Medio Ambiente, en colaboración con ADEGA e o Proxecto Ríos,  organiza un ano máis un encontro para a inspección do río Lagar, no Campus de Elviña.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas voluntarias. Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumprimentar as Follas de Inspección. 

Realizarase unha avaliación pormenorizada atendendo a parámetros como o caudal, análise de augas (medición do pH, temperatura da auga, cantidade de O2 disolto...), estudo de fauna (mostraxe de macroinvertebrados) e flora (características do bosque de ribeira).

O principal fin é achegar a poboación ao entorno natural, concienciando da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente.  Ademais aprenderase a recoñecer a calidade biolóxica e fisicoquímica dos mesmos.

Máis información en www.proxectorios.org

Data e hora: 4 de Novembro, 15:30 h.
O lugar de encontro será na Facultade de Economía e Empresas.
Prazas limitadas. Inscricións en oma3@udc.es.


Lembrade levar calzado axeitado e chuvasqueiro se chove algo. Se chove moito avisarase da suspensión da actividade.


0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib