16/10/2015

Crónica da primeira xornada de entrega de bicis e roteiro.

O pasado mércores 7 de Outubro, co obxectivo de traballar a mobilidade sostible no campus, tivo lugar a primeira xornada de entrega de bicis e o roteiro organizado pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración coa Asociación Mobi-liza, unha asociación galega para a mobilidade sostible, creada co propósito de defender os intereses dos peóns, as persoas ciclousuarias e as que usan o transporte público.



Ás 16.30 horas comezouse o traballo de xestión e reparto do equipo completo de ciclismo. Namentres, para completar este servizo, o persoal de Mobi-liza deunos a coñecer os coidados básicos da bicicleta así como as seguridades a tomar no uso cotidiano da mesma.


Cando concluimos o reparto, e como fase final do obradoiro montamos todos nas nosas bicis para dar a coñecer aos novos usuarios unha ruta segura dende o campus de Elviña á Praza da Palloza. Neste roteiro os compañeiros de Mobi-liza contáronnos algunhas cuestión básicas á hora de circular pola cidade coa bicicleta.



0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib