28/01/2015

II Obradoiro de caixas de niño

bolseirxs OMA-UDC


O 4 de febreiro terá lugar na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica Universidade da Coruña a (EUAT) o Obradoiro de caixas niño organizado pola Oficina de Medioambiente (OMA) coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA. A actividade consistirá na construción de refuxios que lles poidan servir de acubillo e lugar de cría a moitas especies, en especial paxaros e morcegos, nestes duros días de inverno.


A xornada comezará ás 11 da mañá cunha pequena charla informativa a cargo de Ramsés Pérez de ADEGA e de Cosme Damián Romay experto ornitólogo. A continuación terá lugar o obradoiro no taller de maquetas. Unha vez feitas as caixas procederemos a penduralas nas árbores do campus e posteriormente levaremos o seguimento das mesmas.



A tala dos bosques autóctonos e a substitución por monocultivos, así como a retirada das árbores vellas dos montes, ten entre outras consecuencias, a desaparición de multitude de buracos necesarios para que moitas especies de animais nidifiquen ou se refuxien. A construción de caixas niño e outros abrigos para a fauna (paxaros, mamíferos, anfibios...) contribúe a paliar este impacto favorecendo á biodiversidade.

Por outra banda a construción de refuxios contribúe a reutilización. Para elaborar unha caixa niño ou calquera outro refuxio non se precisan grandes investimentos, nin ferramentas sofisticadas, nin mercar madeiras que contribúan a tala de máis árbores. Con esta actividades podemos dar uso a unhas vellas táboas empregando a ferramenta habitual.

Fotografías do ano anterior: http://goo.gl/4Hajq7

Charla: Aula especial II (planta +1)
Obradoiro: Taller de maquetas (planta -1)

Prazas limitadas a 20 persoas. 
Inscricións en: oma3@udc.es


¡Esperámosvos!





bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib