02/12/2014

Compostaxe na UDC

bolseirxs OMA-UDC


A compostaxe é un proceso natural que permite descompoñer os restos de materia orgánica e convertilos nun fertilizante estable e de calidade, neste proceso natural participan diferentes organismos vivos, desde microorganimos ata pequenos organismo, polo que a morea de material en compostaxe constitúe en si un ecosistema complexo. 


O compost é o produto resultante do proceso de compostaxe, un material hixiénico de aparencia semellante á terra do monte. É un fertilizante rico en substancias minerais e nutrientes, beneficioso para o crecemento vexetal e que podemos empregar na terra para mellorar as súas propiedades.

 Éste funciona como sumidoiro de CO2 co que axuda a paliar o cambio climático. Redúcese o transporte dos residuos orgánicos polo que se reducen as emisións de CO2 á atmosfera. Ao mesmo tempo devolvémoslle aos solos materia orgánica esencial para a fertilidade, achegámoslle nutrientese pechase así o ciclo da materia orgánica.


Na UDC contamos con dúas áreas de compostaxe, unha na Facultade de Filoloxía e outra ao lado da Escola de Aparelladores. Nos composteiros amoreanse os restos da materia orgánixa mezclados cun estruturante (follas ou poda triturada), como mínimo un caldeiro de estructurante por un de restos orgánicos.

Na compostaxe realizada pola UDC acaba de incorporarse a este proxecto a Facultade de Ciencias, a cal almacena os seus restos de materia orgánica nun contedor, que logo os bolseiros da Oficina de Medio Ambiente se encargan de compostar.

Agradecémoslle moito esta contribución por parte da Facultade de Ciencias, en particular ao persoal da cafetaría, e animamos a calquera outra Facultade que queira colaborar con este proxecto e así poder xerar menos residuos orgánicos que vaian a parar ao lixo. Tamén queremos agradecer ao persoal da cafetaría da Facultade de Filoloxía que xa leva uns anos participando neste proxecto.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib