27/11/2014

I Xornada de outono da inspección do río Lagar do curso 2014/2015

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 19 de novembro tivo lugar a inspección de outono deste curso do río Lagar. 
Esta actividade foi organizada pola OMA e polo Proxecto Ríos que é unha iniciativa para defender os ríos de Galicia e na cal colaboran voluntarios realizando unha inspecciòn do estado do río dúas veces o ano, unha en primavera e outra en outono e despois con esos datos elabóranse informes anuais.




Esta xornada comezou as 13:30 e nela comprobamos a calidades físico-química (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto e turbidez) e biolóxica (animais e plantas) do río Lagar.

Entre os macroinvertebrados encontramos oligoquetos, libelúlidos, gammáridos, dípteros, baétidos e tricópteros. Debido a presenza de oligoquetos que só están no nivel vermello e os resultados da calidade físico-química o río atópase nun mal estado, a pesar de que ten un pH 6.



Moitas grazas a todos por asistir e convidámosvos as próximas actividades da OMA e sobre todo non vos esquezades de asistir a segunda inspección do río Lagar que terá lugar na primavera.

Máis fotografías:
https://plus.google.com/u/0/photos/101727169314543003023/albums/6086315328731273889



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib