20/03/2013

EXITOSA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina de Medio Ambiente da UDC, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, levaron a cabo unha iniciativa solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros polas diferentes Facultades da Universidade da Coruña, co fin de axudar ás familias máis desfavorecidas da provincia da Coruña e de concienciar socialmente sobre esta situación.
 
A campaña Tivo lugar desde o día 18 de Febreiro até o día 4 de Marzo nas cafeterías de todas as facultades dos campus de Elviña e Zapateira, recolléndose un total de 1671 kg de alimentos non perecedoiros que foron entregados ó Banco de Alimentos Rías Altas.
 
 
A continuación podedes acceder á nota de prensa publicada no periódico dixital elidealgallego.com sobre esta iniciativa.
 
Por último gustarianos agradecervos a todos e todas polo voso interese e participación nesta exitosa campaña.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib