Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

Crónica da III Feira da Sustentabilidade na UDC. Feira de Nadal.

O pasado mércores 12 de decembro a Oficina de Medio ambiente da UDC e ADEGA convidou á comunidade universitaria a asistir á III Feira de Sustentabilidade na facultade de Economía e empresas. Na feira amosamos a profesorado e alumnado un xeito diferente de consumir, propoñendo diversos produtos artesanais, comercio xusto e coñecendo os obxectivos e proxectos de diferentes asociacións ambientalistas.
 
 
Os diferentes stands situáronse na entrada da facultade dende as 11:00 da mañá até as 19:00 da tarde.
 
A primeira actividade da III Feira da Sustentabilidade, foi unha charla-debate na que Raúl Asegurado, presidente da Asociación Fiare Galiza, nos explicou con máis detalle en qué consiste o Proxecto Fiare de Banca Ética. Así explicounos que Fiare son dúas cousas ó mesmo tempo; Unha rede de persoas e organizacións con vocación de crear alternativas dentro do mercado financeiro para construír unha economía con outros valores ó servizo dunha sociedade máis xusta e en canto a actividade bancaria é un axente exclusivo de Banca Popolare Ética, S.Coop, que é unha cooperativa de crédito que opera en Italia como banco a tódolos efectos.
Contounos que teñen presenza en practicamente todo o país a través de asociacións territoriais que son as encargadas de difundir o proxecto no seu territorio e de regular a actividade de todas as persoas e entidades que deciden incorporarse adquirindo a súa participación en capital social. Un dos obxectivos máis básicos deste proxecto é que quere ser un instrumento en mans de toda a cidadanía activa que queira recuperar a xestión dos seus aforros e dirixilos cara proxectos e actividades que xeren un impacto social positivo.
 
 
Nesta xornada tamén puidemos aprender a reutilizar o papel para facer obxectos como lapiseiros ou lámpadas con técnicas de cestería nun obradoiro a cargo de Feito con xeito.
 
E pola tarde aprendemos a  fabricar cosméticos naturais nun obradoiro a cargo da asociación ecoloxista ADEGA. Ademais anímannos a recuperar a sabedoría popular que se perdeu debido o seu desuso e a comodidade da sociedade actual do consumismo. Deste xeito, aprendemos a facer pasta de dentes, perfúmenes e  bálsamo labial.
 
En horario continúo tivemos unha exposición de xogos tradicionais a cargo da Casa dos Xogos.  A casa dos xogos foi creada co fin de dar a coñecer ó público en xeral xogos de taboleiro,  billares tradicionais  e xogos  pedagóxicos novos cuxas orixes  se sitúan en distintos países,  culturas e épocas.
 
Nesta edición da feira tamén tivemos un mercadiño de troco.  Foi un punto novidoso xa que a xente non estaba familiarizada con este tipo de postos. Moitas dúbidas foron plantexadas: como funcionaba, qué cousas se podían trocar...todos os obxetos se podían trocar por outros que había no noso mercadiño. Os trocos foron do máis curiosos, roupa, mochilas, tazas, libros e mesmo flores de papel por unhas simpáticas bruxas. Todos aprendemos un pouco máis do antigo sistema de troco e como os obxectos que deixan de ter valor para algúns poden ser útiles para outros.
 
 
 
Durante esta xornada moitas alumnas e alumnos de diferentes facultades de Elviña e Zapateira e máis público diverso de A Coruña achegáronse e disfrutaron paseando polos postos e participando nas diferentes actividades da Feira Nadal.
 
Por ultimo agradecer a tódalas persoas que fixeron que esta feira fose posible ás Asociacións e entidades como Habitat, SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), Solidariedade internacional, AGCT (Asoc. Galega de custodia do territorio), Equisol, Fiare aos postos de artesanía como artesanía Soedade, Marybeliña, La Lupe Pensante, Defectos espaciales, Nené complementos, La sombrerera loca, Zig-zag bisutería, Martina, El escaparate de Miss Botoness, cucamonas artesanía, Azultierra, la dulce meri e Feito con xeito.
 
Ver albúm de fotos: Galeria de imaxes da Feira
 
Para mais info visitade:            
 
Share on Google Plus

0 comentarios: