07/02/2012

III Xornadas de voluntariado ambiental na UDC curso 11/12

bolseirxs OMA-UDC
PROXECTO RÍOS


Voluntariado Ambiental UDC

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, dúas novas xornadas de Voluntariado Ambiental na UDC.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.



Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos
subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas. Asemade, recolleranse nunha
base de datos accesíbel na web Proxecto Ríos . Posteriormente os grupos que así o
desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha
medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.


Trátase dunha iniciativa que xorde en Cataluña en 1997 da man da Associació Hábitats. Logo de 11
anos de implantación, actualmente converteuse nunha iniciativa conxunta que se desenvolve de
forma paralela en cinco territorios máis: a Rede Hidrográfica do Júcar, a Comunidade Autónoma de
Madrid, Cantabria, El Bierzo – Laciana, Galiza e, fóra do Estado, en Portugal. Isto fai que hoxe día,
o Proxecto Ríos conte con máis de 1.400 grupos de voluntarios en toda a península ibérica.

O mércores 15 de febreiro as 12:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias (Campus da
Zapateira), terá lugar unha charla informativa do Proxecto Ríos.

O xoves 16 de febreiro, dende as 11:00 desenvolverase a actividade "Inspección do río Lagar",
sendo o punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña).

É preciso inscrición previa para o día 16
oma.udc@hotmail.es / Tfn: 670 592 305

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib