28/04/2011

II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable

bolseirxs OMA-UDC
Dende Zocamiñoca invítanos a este evento ao que todos os interesados podedes acudir.



Lugar: Casa Casares Quiroga (r/. Panadeiras, 12)
Organiza: Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca
Colabora: ATTAC Coruña

Venres 6 de maio (19.30 horas)
Vídeo fórum sobre consumo
Presentaremos unha selección de documentais escollidos por membros de Zocamiñoca para que poidamos reflexionar, falar, preguntarnos, sacar ideas, o que sexa, sempre con espírito crítico, positivo e propositivo.

Sábado 7 de maio (19 horas)
Presentación de ATTAC Coruña.
Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca: a visión dunha socia, a visión dunha produtora.
Coloquio entre todas as presentes a partir da exposición destas dúas visións, e así poder compartir con todas as asistentes experiencias persoais de cambio.

O consumo atravesa as nosas vidas, moitas veces sen percatarnos das implicacións que actos repetidos teñen sobre moi diferentes aspectos. As crises enerxética, económica, climática e alimentaria están mostrando que bastantes cousas fallan no actual sistema capitalista e que é necesario pensar e actuar de outra maneira no planeta e entre nós mesmas.
O consumo responsable, crítico, consciente e transformador é unha forma diferente de entender o consumo na que as consumidoras, en relación directa coas produtoras, asumen un papel máis activo e reflexivo no momento de satisfacer as súas necesidades, de maneira que se pon en cuestión o actual modelo de produción, transformación, promoción, distribución e consumo de bens e servizos, para comezar unha transición necesaria e ineludible cara a un consumo máis respetuoso coas persoas e o planeta. Para acadar estes obxectivos é preciso realizar un labor de información, concienciación, organización e acción que articule unha contestación viable e satisfactoria ao actual modelo socioeconómico baseado, entre outros aspectos, nunhas crecentes desigualdades sociais, no expolio dos países do Sur global e nos mecanismos de funcionamento desa forma perversa de capitalismo que é o neoliberalismo. Deste modo, é necesario propoñer unha forma de consumir bens e servizos baixo criterios éticos, solidarios e sustentables, pensando no procomún, a través dun proceso que teña en conta que os recursos son limitados e que existen intereses de concentración de poder perxudiciais para acadar unha sociedade xusta e igualitaria.
As II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable pretenden ser un espazo de encontro autónomo e libre, onde poder encontrarnos para falar, reflexionar e coñecer experiencias de consumo alonxadas do modelo consumista convencional. Intentaremos ofrecer unha panorámica global do funcionamento do actual modelo de produción, distribución e consumo desde unha perspectiva crítica, ademais de achegarnos a unha experiencia concreta de consumo responsable na Coruña, a cooperativa Zocamiñoca, cuxos principios son o consumo local, ecolóxico, de tempada, a soberanía alimentaria, o comercio xusto, etc., cunha organización participativa, amena, fluída e reivindicativa. Tamén contaremos coa presentación do grupo de ATTAC na Coruña, recentemente constituído.

Agardamos por vós nas xornadas!!

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib