Benvid@s a tod@s a
este novo curso!
Desde a Oficina de Medio Ambiente queremos informarvos de que
o ano universitario tamén comeza para nós. Este curso somos dez bolseiras de
diferentes disciplinas como ciencias, arquitectura, aparelladores, camiños,
socioloxía e ciencias da educación. E contamos tamén coa participación da asociación ecoloxista ADEGA na
coordinación das actividades de educación ambiental e voluntariado.
Xa estamos traballando
na realización de diversas actividades que levaremos a cabo ao longo do curso, e
que se sumarán ao seguimento de diversos proxectos sectoriais, entre eles a compostaxe,
a recollida selectiva de residuos e diversas
actuacións de restauración no monte da Fraga. En definitiva, trataremos de
ambientalizar un pouco máis o noso campus.
Permanecede
atentos, porque en próximas actualizacións daremos máis detalles acerca das
nosas actividades. Como aperitivo, deixamos na seguinte ligazón a memoria de
actividades do anterior curso 2012-2013
Para máis
información, estamos en contacto a través dos seguintes medios da oficina:
-
Facebook: Oficina de
Medio Ambiente UDC, bolseiros OMA
-
Twitter: @OMA_UDC
-
Correo: oma2@udc.es
Vémonos!
Me encanta que podamos continuar aprendiendo sobre curso facebook ads, ya que así lograremos darle el empuje que le falta a nuestra marca.
ResponderEliminar