A Presidencia Danesa desexa manter a primacía mundial da UE en medio ambiente, enerxía e clima, polo que inclúe o crecemento verde e sostible no núcleo do seu programa.
A política climática da UE consiste nunha serie de obxectivos, estratexias e ferramentas para mitiga-lo cambio climático e o seu impacto.
Ditos obxectivos e estratexias durante a Presidencia Danesa, pódense resumir en tres puntos:
Obxectivos 2020: reducir as emisións que provocan o efecto invernadoiro un 20% en comparación co ano 1990, incrementar o uso de enerxías renovables outro 20% e aumentar a eficiencia enerxética de novo un 20%.
Mapa de ruta no ámbito enerxético para 2050: acadar no 2050 unha sociedade con baixos niveis de CO2.
Negociacións internacionais sobre o clima, que seguirán a ser unha prioridade.
Podedes consultar máis información nas seguintes ligazóns, que serviron de fonte para a elaboración desta entrada:
Comisión Europea
Páxina Oficial da Presidencia Danesa da Unión Europea
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarSì, en breve en sociología, cierto!Muy interesante esto que has subido.( he vuelto a escribir este comentario para corregirle faltas de ortografía ;)).
ResponderEliminarGracias!
ResponderEliminar