Por Paula Garabatos Diéguez, bolseira da Oficina de Medio Ambiente da UDC
no curso 2021-2022
Un ano máis o Nadal está á volta da esquina. Despois dun ano cheo de confusión, incerteza e sentimentos encontrados, por fin chega esa época do ano que independentemente da situación global, fainos sentir cerca da nosa familia e amizades.
Co Nadal chegan tamén os regalos e as compras. É típico ver tendas abarrotadas de xente buscando o mellor agasallo para os seus seres queridos. Nesta época, máis que nunca, debemos comezar a ser máis responsables á hora de consumir.
Vimos estes dous últimos anos, coa COVID, a importancia que ten coidar o noso planeta e ser conscientes dos efectos das nosas accións.
Coas compras do Nadal, xeraranse toneladas de lixo e residuos que acabarán contaminando o planeta e contribuíndo á destrución do ecosistema mundial. O consumismo en masa e a necesidade de telo todo da sociedade contemporánea, debido principalmente á influenza das redes sociais e o efecto da globalización, fainos esquecer o realmente importante: coidar o lugar no que vivimos todas as persoas.
Dende a OMA, queremos recordarvos, un ano máis, que non é necesario comprar
irresponsablemente para ter un Bo Nadal:
Ö Non se trata de non consumir, senón de facelo de forma responsable.
Ö Facerse responsable do depósito separado dos residuos, seguindo o modelo de recollida de cada concello de Galiza.
Ö Evitar as aglomeracións, pois a pandemia mundial por Covid aínda está presente.
Ö Adoptar animais en vez de compralos.
Ö Evitar plásticos dun só uso nas comidas.
Ö Ser orixinais reutilizando papeis coloridos ou xornais vellos para envoltorios, evitando así outros envoltorios dun só uso.
Menos tempo para compras innecesarias.
Mais tempo para a compañía das persoas queridas.
BO NADAL E FELICES FESTAS!
Imaxe: capa do Manual Fogares Verdes do Nadal. Recolle consellos para
ambientalizar as nosas festas de Nadal. Accesíbel para libre descarga en: http://www.adega.gal/media/documentos/0nadalverde.pdf
Imaxe elaborada por Carlota Fiaño, bolseira da OMA
no curso 2019-2020