28/11/2021

Crónica: Proxecto Ríos, inspección de outono do río Lagar

bolseirxs OMA-UDC




Por Miguel López López, Bolseiro de Green Campus, curso 2021-2022

 


O luns 8 de novembro tivo lugar no río Lagar unha inspección dos parámetros físico-químicos e ambientais do mesmo para determinar a súa calidade xeral. Á saída presentouse alumnado de primeiro de bioloxía, unha profesora e bolseiros/as da Oficina de Medio Ambiente, sendo en total 14 persoas.

Proxecto Ríos é un programa no que grupos de voluntariado de toda Galiza realizan inspeccións de calidade das masas de auga. No caso da OMA-UDC, ten “adoptado” o treito do río Lagar ao paso polo Campus de Elviña, do que fai o seguimento de calidade segundo a metodoloxía do Proxecto Ríos en dúas ocasións ao ano: inspeccións de primavera e outono.

Cada ano recóllense datos de seguimento da calidade deste treito do río, que se inclúen no informe anual de saúde dos ríos galegos elaborado polo Proxecto Ríos.

Paco Bañobre, coordinador do Proxecto Ríos, presentou a saída cunha breve introdución do procedemento a seguir e da fauna e da flora das zonas fluviais galegas. Para a elaboración dun informe de calidade ambiental do río explicou o uso dos macroinvertebrados presentes como un indicador biolóxico, sinalando que a presencia ou ausencia de familias de invertebrados determina a calidade do río, respondendo á súa esixencia en parámetros como o osíxeno disolto, pH, nitratos, temperatura, turbidez da auga... Nesta inspección o índice de calidade resultou de “calidade boa” o río Lagar.

Nicolás Dosil, bolseiro da OMA, fixo tamén unha breve presentación do que é a Oficina de Medio Ambiente e os servizos que esta ofrece e que están a disposición de todos/as.

Finalmente, concluíu Paco coa reflexión sobre a importancia de coidar o noso entorno e o interese de monitorizar e establecer un programa de seguimento da saúde dos nosos ríos.




Paco Bañobre introducindo a metodoloxía a seguir na inspección e explicando o ecosistema fluvial do río Lagar

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib