23/04/2019

Actividades da OMA na Semana da Terra

Actividades da Oficina de Medio Ambiente na "Semana da Terra"
(Día da Terra 22 de Abril)


  • Xoves 25, de 12:30 a 14h.

Plantación de árbores no Monte da Fraga
Actividade de voluntariado ambiental na que se continúa coa reforestación do espazo con especies autóctonas representativas das fragas galegas.
A cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.



  • Venres 26, de 12 a 14h.

Xornada de seguimento na eliminación de EEI no Monte da Fraga
Traballaremos con Buddleja davidii e Cortaderia selloana, dando continuidade ás xornadas do outono 2018: Eliminación manual de rebrotes e seguimento dos tratamentos de inhibición do rebrote con herbicidas naturais e de cubrimento de tocóns.

Limpeza de lixo no campus
Onde acaban os teus plásticos e outros residuos, cando non os depositamos nos contedores adecuados? Os desbroces recentes deixaron á vista estes lixos espallados polo Campus, imaxes que tamén nos atopamos nas praias e por todo o planeta.


Para ambas actividades será necesaria a inscrición na seguinte ligazón:
https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG8ILFfd7Qv5OgHbEVTT5ac1URE5PSTBNVEdSRkdVVzVFWEdYVzFZQkhHTi4u

Punto de encontro: Panel interpretativo da Praza da Fraga (Localizada entre a Facultade de Ciencias e a ETSA)

Dúbidas e mais info: oma2@udc.gal

Achégate a celebrar a Semana da Terra coidando o teu Campus!


0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib