14/03/2019

Deseucaliptización simultánea en Galiza con motivo do Día Mundial dos Bosques



A proposta que fai Cousa de Raíces este ano 2019 para celebrar o Día Mundial dos Bosques é convidar aos galegos e galegas a participar nunha "Deseucaliptización simultánea" e a actuar a prol da eliminación daquelas especies que non constitúen bosque e que, ben ao contrario, contribúen ao seu deterioro e desaparición, como é o caso das especies exóticas e invasoras, en especial, as do xénero Eucalytus. A superficie que hoxe en día ocupan os eucaliptos en Galiza xa supera as 500.000 hectáreas, o que representa o 17% do total da superficie galega. E ademais de desprazar  do seu hábitat natural as especies forestais autóctonas, tamén está a invadir espazos de carácter agrícola, espazos protexidos e de interese patrimonial.

Por iso, dende OMA e ADEGA, o vindeiro xoves, 21 de marzo imos celebrar unha nova edición de eliminación de Especies Exóticas Invasoras no Monte da Fraga.

Será pola tarde, en tres quendas: 16-17h, 17-18h e 18-19h. Podeste anotar ás que queiras!








0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib