28/01/2019

REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA E POSTA EN VALOR DA CHARCA


XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO MONTE DA FRAGA
O 7 de febreiro quedamos ás 11h na área de compostaxe da Praza da Fraga para unha nova xornada de voluntariado.
Será unha actividade a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA, e consistirá en facer traballo de campo con ferramenta manual para a plantación de loureiros e outras especies autóctonas*. Durante a actividade tamén se fará o coidado e posta en valor da charca construída no Monte, con estaquillado de salgueiro nas súas marxes.
A programación da xornada é a seguinte:
  • 11:00h Breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia.
  • 11:30h Traballo de campo: plantación de árbores e coidado da charca.
  • 13:00h Remate da actividade
*PODES TRAER A TU ÁRBORE! Se é posíbel que sexan loureiros, pero calquera especie autóctona ten o seu lugar no Monte da Fraga.
Lembrade que ao ser unha xornada de traballo de campo, recoméndase roupa e calzado cómodos.

INSCRICIÓN (prazas limitadas)
  • oma2@udc.gal indicando nome, apelidos e NIF. Asunto da mensaxe: Reforestación 7/02.
  • Recoñecemento de créditos para alumnado de grao da UDC ( 1C=10H)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib