20/10/2018

Xornada de voluntariado no Monte da Fraga: Especies Exóticas Invasoras (EEI)

A terceira xornada do Programa de Plantas Exóticas Invasoras da OMA será este xoves día 25.

Consistirá nunha xornada de voluntariado no Monte da Fraga para coñecer o estado desta problemática facendo un mapeado das principais EEI que se atopan no Monte.

Será a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.

O programa será o seguinte:

15:30: A problemática das EEI
16:00: Mapeado das EEI no Monte da Fraga
17:30: Fin da actividade

Punto de encontro: na entrada da facultade de ciencias (campus da Zapateira).

A asistencia é libre pero con límite de prazas, impriscindible inscribirse en oma2@udc.gal (indicando nome e apelidos, NIF e actividade na que te inscribes).

ESPERÁMOSTE!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib