16/10/2018

Roteiro e Bioblitz no Monte da Fraga

O vindeiro domingo 21 de outubro do 2018 realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da UDC, Campus da Zapateira), un roteiro de divulgación ambiental, organizado pola OMA da man de G.N.Hábitat, empregando unha técnica chamada Bioblitz, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, da man de naturalistas expertos. Deste xeito, a cidadanía poderá observar a biodiversidade que contén a zona, poñendo así en valor os compoñentes ambientais da contorna.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 10:30-13:30hAsí e todo, para a participación é imprescindible a reserva de plaza (inscripción previa aquí).
As prazas son limitadasSeguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org 
Teléfono: 981 135 014
Anímate e ven connosco!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib