26/10/2018

Crónica da VII Limpeza Simultánea de Praias


O venres 19 de outubro, a Oficina de Medioambiente (O.M.A.) en compañía de Mar de Fabula, sumouse á iniciativa de ADEGA “VII Limpeza Simultánea de Praias”, realizando unha xornada de limpeza, aprendizaxe e concienciación ambiental na cala de Bens, situada na Coruña.  

A xornada comezou as 11:00 da mañá diante da Praia, onde 34 persoas voluntarias asistiron á limpeza. A presentación do evento e a explicación do procedemento de actuación para a recollida dos residuos, foron explicados por Xosé Manuel de Mar de Fábula e por Verónica, da O.M.A.


Este procedemento consistiu no seguinte:
-Reparto de luvas e dúas bolsas de plástico para todas as persoas: unha amarela para residuos hixénicos sanitarios e outra azul para residuos en xeral.
-Tempo para a recollida de lixo: 1h 30min.
- A continuación: caracterización do lixo recollido, consistente na clasificación por tipo de materiais e a súa posíbel orixe, coa finalidade de amosar a diversidade de lixo que pode acabar no mar e nas praias.

O voluntariado repartiuse en dous grupos, para abarcar as dúas marxes da Praia e  avanzando cara a beiramar. A inxente cantidade de plásticos de pequeño tamano chamou a atención de moitas das voluntarias.

Os residuos, para a súa clasificación, foron  depositados nunha lona plástica no centro da Praia. Deste modo puidemos visualizar o conxunto de todo o recollido ao remate da xornada, e clasificalo por tipoloxías: tecidos, plásticos, botellas de vidro e de plástico, restos da pesca, madeira tratada, latas, cabichas, palliñas, garfos e cóitelos de plásticos, vasos, residuos hixiénico sanitarios, poliestireno expandido ou “porexpán”, etc.


Posteriormente, con Xose Manuel de Mar de Fábula achegámonos a observar a saída alividadero da rede de sumidoiros da cidade da Coruña, que está localizada na marxe desta praia. Esta achega puntual de auga en parte tratada e en parte non, provoca contaminación orgánica e achega de lodos. Obsérvase o crecemento de plantas de tomate nesta área penetrando uns 50m na area da praia.



O descubrimento desta “horta espontánea” foi a nota curiosa da xornada, da que tamén se fixo eco na prensa da Coruña:
https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos
/a-coruna-metro/2018-10-16-140108-tomaccos-playa-bens.html


A xornada remataba coa clasificación por tipoloxías de todo o recollido, mostrando o impacto que teñen os residuos no noso ecosistema.
No conteo final, foi recollido un volumen de 800 litros (0.8 m3) de residuos de diversa variaedade e orixe: textil, plásticos, botellas de plásticos (PET), residuos hixiénico sanitarios (aplicadores de tampóns, xeringas,compresas, preservativos, bastonciños dos oídos, etc) , cabichas de cigarros, restos de pesca (boias, redes, cordas, etc), madeira tratada, tapóns de botellas, porexpan (poliestireno expandido-EPS), embalaxes de comida, etc; sendo os residuos máis comuns o textil e o PET.




0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib