29/05/2018

ROTEIRO INTERPRETATIVO NO MONTE DA FRAGA

10 de xuño. Celebración do Día Mundial do Medioambiente


O vindeiro 10 de xuño a Oficina de Medio Ambiente, xunto co Grupo Naturalista Hábitat, organizamos unha xornada de divulgación e posta en valor da diversidade biolóxica, con motivo da celebración do Día Mundial do Medioambiente (5 de xuño).
O Monte da Fraga é o espazo forestal situado entre as facultades de Ciencias e Filoloxía. Hai 12 anos era un espazo marxinal, caracterizado polo exceso de eucaliptos, o abandono e a carencia de tratamentos silvícolas. A Universidade da Coruña comezou a restauración deste espazo no 2006, eliminando a maior parte dos eucaliptos e reforestándoo con especies autóctonas
representativas das fragas galegas. Desde o inicio desta restauración, a UDC está a aplicar criterios de xestión ecolóxica e sustentábel deste espazo, que condicionan tanto as prácticas de xardinería e usos do espazo, como a realización de actividades formativas e de divulgación ambiental.
Na actualidade este espazo incorporouse á figura de Custodia do Territorio, a través do convenio específico de colaboración co Concello da Coruña, e tamén coa participación de colectivos ecoloxistas como ADEGA e o Grupo Naturalista Hábitat.








Data e horario: domingo 10 de xuño de 11 a 13 h.
Actividade de balde e aberta ao público. Prazas limitadas.
Imprescindíbel inscrición neste formulario
Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org
Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h. (1C cada 10h de participación en actividades da OMA)
 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib