20/04/2018

VI Encontro Solar da UDC


VI ENCONTRO FORNOS SOLARES
Aparcamento Xoana Capdevielle, Elviña.

Inscripción necesaria neste correo

Actividade en función da meteoroloxía, 
de non realizarse este xoves sería para o vindeiro... e así sucesivamente
__________________________________________________________________________________________



Xa temos o sol acompañándonos e é por iso que estamos a argallar o VI Encontro Solar da UDC.

Será inicialmente o xoves 26 de abril, se a climatoloxía nos acompaña ( CONFIRMACIÓN AQUÍ)

Gustaríanos moito contar convosco para esta celebración, que todos os anos festexamos cun xantar colectivo, no que xuntamos preto dun cento de cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados, riquísimos!

Como foi nas pasadas edicións?:

Bótalle unha ollada ao Timelapse do V Encontro SolarCrónica do V Encontro solarFotos de outras edicións...

Para participar só tes que anotarte no correo oma2@udc.gal e indicar:

- se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo.
- se xa tedes forno, ou se precisariades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan...!)
- tamén podedes construir o voso propio forno! con unha caixa de cartón, moi sinxelo e aínda mais barato! (arquivos adxuntos)

Que non tes forno solar? No apartado de bioconstrución da web do CIFP Someso, ou na revista CERNA, tes á túa disposición as instrucións para a súa construción. O custo aproximado deste tipo de forno é duns 3 a 5 euros se te fas con materiais recuperados e os reciclas. Unha vez teñas o material, xúntate con uns amigos e en tres horas podedes ter o forno listo. Tes aquí as ligazóns para aprender a facer un! 




Se tes calquera aparello que funcione coa enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete que realizaremos entre todos! 

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta á casa.

Na xornada tamén se fará unha visita guiada ao CITIC, un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta. Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares e unha exposición itinerante "A Enerxía Solar" da man de ADEGA.

programa completo da xornada será o seguinte:

10:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de                mantementos da UDC. Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Encontro Solar.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar*.
16:30h  Recollemos.


Animádevos a aprender máis sobre a Enerxía e a Cociña Solar nun día de festa, con música de pinchadiscos solar da Escola de Imaxe e Son do CIFP de Someso.

E para quedar convencidas, convidámosvos a partir das 13:30h aos petiscos que vaian saindo dos fornos!!

Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós.

Un saúdo ao Sol!

OMA-UDC

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib