21/03/2018

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE

Hoxe, 21 de marzo, primeiro día da primavera, celébrase o Día Mundial da Árbore e dos Bosques.
Desde a OMA aproveitamos o día de hoxe para dar a coñecer Cousa de Raíces, campaña á que nos sumamos recentemente e estamos a colaborar no apoio á ILP en defensa do bosque autóctono e a loita contra os incendios forestais. Estaremos até o 5 de abril en diferentes centros da UDC con mesas informativas e recollida de sinaturas en apoio a esta iniciativa.

Toda a información e calendario nas seguintes ligazóns:

https://www.facebook.com/CousaDeRaicesGZ/?ref=br_rs

Na OMA queremos dar a coñecer estas datas para concienciarnos de que os recursos naturais son cada día mais escasos e a biodiversidade se atopa ameazada. Unha plantación forestal de unha soa especie non é un bosque, un ecosistema con flora e fauna diversas características de cada lugar do planeta.

Medidas como as propostas pola ILP achéganse á poboación co obxectivo de reverter esta situación de destrución do bosque autóctono e a problemática dos incendios forestais en Galiza.
Deixámosvos como remate esta frase de Martin Luter King:

“Se soubera que o mundo remata mañá, eu, aínda hoxe plantaría unha árbore”

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib