29/10/2017

VIVEIRO REFORESTACIÓN MONTE DA FRAGA

Elaboración dun viveiro para Reforestación Monte da Fraga


Data: 02 novembro 2017, 16:30 h

Punto de encontro: Porta cafetaría Fac. de Ciencias (A Zapateira)

Imparte: ADEGA

Prazas limitadas. Inscricións en: oma3@udc.es

A prevención dos incendios ten lugar todo o ano!

Na primavera teremos a ocasión de participar como voluntarios/as na erradicación de rebrotes de eucalipto e outras invasoras exóticas en moitos montes queimados, e precisaremos de planta de árbores autóctonas para reforestar estes espazos.

Pero para iso, temos que reaxir agora!: como crear un viveiro é o obxectivo deste obradoiro que non se pode facer agardar no tempo. Sexa como voluntario/a ou como particular que quere criar o seu viveiro, esta é a túa oportunidade.


Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello de A Coruña.

Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente.


http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf (Anexo I, punto 7)


0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib