12/11/2015

CRÓNICA DO ROTEIRO POLO MONTE DA FRAGA

O pasado martes 10 de novembro tivo lugar o roteiro polo Monte de Fraga situado entre a Facultade de Ciencias e a de Filoloxía. Isto organizouse grazas á Oficina de Medio Ambiente e a colaboración da profesora do departamento de Bioloxía Animal, Vexetal e Ecoloxía da Facultade de Ciencias, a  Dra. Elvira Sahuquillo.


O obxectivo foi unha primeira aproximación no presente curso 15/16 ao espazo forestal do Monte da Fraga. No Monte da Fraga leváronse a cabo unha serie de actuacións ambientais para mellorar o  contorno da Universidade e tamén como apoio á docencia. Estas actuacións foron a plantación de distintas especies de árbores e a creación de camiños para realizar actividades de aprendizaxe, conservación do medio e de ocio nun entorno natural.

Ó longo desta actividade observamos os distintos tipos de árbores e especies vexetais do monte da Fraga e puidemos diferenciar entre dous tipos de flora segundo a zona onde se atopara, zona húmida ou seca. Todo isto coas explicacións da Dra. Sahuquillo que coas súas aclaracións fixo que a actividade fora moi amena e participativa.


No roteiro tamén visitamos a charca construída, hai xa dous anos, e a día de hoxe está chea de vida, flora e fauna típicas de humidais, entre a súa biodiversidade atopamos pequenas rás habitando entre os xuncos.


Ao longo do curso 2015-2016 a OMA levará a cabo varias actividades de coñecemento, protección e mellora deste espazo, como pode ser a reforestación participativa, ou a eliminación de especies invasoras, entre outras, e nas que podes participar como voluntario/a ambiental.

Para máis información sobre o Monte da Fraga, e tamén para coñecer outras actividades similares, visita o noso Blog e Facebook.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib