Despois da primeira memoria RSU da UDC correspondente ao exercicio 2010, ven de publicarse agora a Memoria de Responsabilidade Social Universitaria correspondente a 2011. Esta memoria ten por obxectivo mellorar esa medición do compromiso social, a transparencia, o rendemento de contas e a eficiencia na actividade da UDC. A ampla documentación que achega e detalla, enfocada a cada un dos seis grupos de interese (PDI, PAS, estudantado, cidadanía, administración pública e empresa), ofrece unha fotografía correcta de como se substancian no día a día os compromisos da nosa institución. Entre outros aspectos, inclúe as actuacións en medio ambiente e sustentabilidade.
Ligazón: http://memoriarsu.udc.es/ga/index.html
0 comentarios:
Publicar un comentario