Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas. Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel na web Proxecto Ríos . Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.
Trátase dunha iniciativa que xorde en Cataluña en 1997 da man da Associació Hábitats. Logo de 11 anos de implantación, actualmente converteuse nunha iniciativa conxunta que se desenvolve de forma paralela en cinco territorios máis: a Rede Hidrográfica do Júcar, a Comunidade Autónoma de Madrid, Cantabria, El Bierzo – Laciana, Galiza e, fóra do Estado, en Portugal. Isto fai que hoxe día, o Proxecto Ríos conte con máis de 1.400 grupos de voluntarios en toda a península ibérica. |
O mércores 15 de febreiro as 12:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias (Campus da
Zapateira), terá lugar unha charla informativa do Proxecto Ríos. |
O xoves 16 de febreiro, dende as 11:00 desenvolverase a actividade "Inspección do río Lagar", sendo o punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña). |
É preciso inscrición previa para o día 16 |
oma.udc@hotmail.es / Tfn: 670 592 305 |
0 comentarios:
Publicar un comentario