05/12/2018

Reforestación participativa no Monte da Fraga

bolseirxs OMA-UDC
Xornadas de voluntariado ambiental




Datas: 13 e 20 de decembro
Punto de encontro: Charca do Monte da Fraga*


A cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.
Programa organizado en 4 quendas de traballo de campo:
Quenda 1: xoves 13 de 10 a 11:45h
Quenda 2: xoves 13 de 12:15 a 14h
Quenda 3 xoves 20 de 10 a 11:45
Quenda 3: xoves 20 de 12:15 a 14h
Cada persoa pode escoller participar en unha ou mais quendas, inscribíndose en oma2@udc.gal, indicando nome, apelidos, NIF e quenda(s) nas que te queres anotar.
A participación é libre ata completar as prazas, que se asignarán por orde de inscrición.
Nas xornadas expoñerase unha breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia, e farase traballo de campo con ferramenta manual para a plantación de especies autóctonas.
Recoméndase roupa e calzado cómodos.
*Ubicación da Charca do Monte da Fraga: 43.327173, -8.407110 (localizada no percurso desde a parte traseira da Facultade de Ciencias cara a Fac. de Filoloxía)

Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC (1C=10h participación en actividades da OMA)

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib