10/01/2017

III XORNADA SOBRE CAIXAS NIÑO

bolseirxs OMA-UDC

Xornada sobre caixas niño
Facultade de Ciencias
25 de xaneiro-15h30
____________________________________________________________________________________________



O vindeiro día 25 de xaneiro a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza unha xornada sobre 'caixas niño' na Facultade de Ciencias. 

Comezaremos cunha charla no salón de actos da Facultade de Ciencias ás 15h30 na que se nos dirá cal é o obxetivo das caixas, como se constrúen, os seus beneficios para a fauna, para a boidiversidade... Os relatores serán Ramsés Pérez de ADEGA e Cosme Damián Romay de GN-Hábitat. De seguido faremos unha saída ao campo, ás 16h15 para comprobar o estado das que xa colocamos o ano pasado no Campus. A diferenza de outros anos, os participantes non construirán cada un súa caixa niño, xa que se prioriza divulgar cal é a súa función e revisar as instaladas outros anos. 



A tala dos bosques autóctonos e a substitución por monocultivos, así como a retirada das árbores vellas dos montes, ten entre outras consecuencias, a desaparición de multitude de buracos necesarios para que moitas especies de animais nidifiquen ou se refuxien. A construción de caixas niño e outros abrigos para a fauna (paxaros, mamíferos, anfibios...) contribúe a paliar este impacto favorecendo á biodiversidade. 

Por outra banda a construción de refuxios contribúe a reutilización. Para elaborar unha caixa niño ou calquera outro refuxio non se precisan grandes investimentos, nin ferramentas sofisticadas, nin mercar madeiras que contribúan a tala de máis árbores. Con esta actividades podemos dar uso a unhas vellas táboas empregando a ferramenta habitual.

Prazas limitadas. Inscríbete en oma3@udc.es

Máis información do noso Facebook, Twitter ou neste blog no que se van publicando todas as novas! 
Vémonos o día 25! 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib