Obradoiro Fornos Solares
Edificio LERD
28 de marzo, 11h
oma3@udc.es
oma3@udc.es
____________________________________________________________________________________________
Como cada primavera, e tralo gran éxito que teñen tido outras xornadas de construción de fornos solares, a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA) ten o pracer de convidalos a participar na que se vai celebrar o próximo 28 de marzo no Edificio do LERD (Campus de Elviña).
O obradoiro de construción de fornos solares estará dirixido por Juan
Bello, experto en cociña solar e profesor do departamento de edificación e Obra Civil do SFP de Someso.
Comezará ás 11 da mañá, e durante unhas 2 horas, os participantes construirán o
seu propio forno solar que poderán levar para a súa casa.
Este obradoiro de fornos solares ten como obxectivo construír fornos
solares que serán empregados na vindeira xornada do 27 de abril, na que se van
presentar todos os fornos á comunidade universitaria e se cociñará neles para
demostrar a súa eficiencia, como xa se fixo o ano pasado, chegando a cociñar máis de 50 pratos diferentes.
Para esta actividade, pedimos que se traian caixas de cartón e algún
material para cortar, como un cúter para a elaboración do forno. As medidas aproximadas para as caixas son as seguintes 60x60 cm e unha altura entre 25-30cm, e un bo lote de cartón adicional, suficiente para facer o illante.
Para unha mellor organización da actividade, pedimos que vos inscribades no
seguinte enderezo oma3@udc.es xa que as prazas son limitadas.
No seguinte enlace podedes atopar as fotos da edición pasada fotos
Tamén podes descargar un manual de como facer os fornos para ter unha idea nos seguintes enlaces
Revista CERNA: http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf
Lembramos que, por acordo entre a OMA e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, todos os estudantes poden obter a acreditación correspondente por ter realizado 15 horas de actividades de voluntariado.
0 comentarios:
Publicar un comentario