23/03/2015

Crónica da Xornada de eliminación de especies exóticas invasoras

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 18 de marzo tivo lugar a actividade de Eliminación de Especies Exóticas Invasoras que forma parte do proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga da Oficina de Medio Ambiente da UDC coa colaboración da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Nesta actividade primeiramente fíxose unha charla a cargo de Paco Bañobre membro de ADEGA, explicando a problemática das invasoras e despois tivo lugar unha parte práctica no Monte da Fraga no que se eliminaron rebrotes de eucaliptos, calas (Zantedeschia aethiopica), a herba da pampa ( Cortaderia selloane) e Buddleja (Buddleja davidii). Os nosos voluntarios e voluntarias fixeron unha gran labor porque conseguimos quitar un número bastante significativo de especies exóticas sobre todo tendo en conta que algunhas delas tiñas unha raíz moi profunda coma no caso da herba da pampa e a buddleja.



Esta zona estaba antigamente ocupada por eucaliptos que debido ós problemas que causaban nas instalacións próximas e na natureza foron cortados en cursos anteriores. Na Oficina de Medio Ambiente estamos recuperando esta zona e plantando especies autóctonas como por exemplo os exemplares de acivro ( Ilex aquifolium) e en cursos anteriores que foron plantados o loureiro común (Laurus nobilis) e loureiro real (Prunus laurocerasus), carballos (Quercus robur ),castiñeiros (Castanea sativa) e tamén cerdeiras ( Prunus sp) e érbedos (Arbutus unedo) que contribúen favorablemente debido a que os paxaros se alimentan dos seus froitos.






Agradecemos a todas aquelas persoas voluntarias que participaron e animámosvos a todos a seguir colaborando nas vindeiras actividades.

Todas as fotos copiando e pegando este enlace:
https://plus.google.com/u/0/photos/101727169314543003023/albums/6129383395752605553

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib