06/11/2013

Actividade "Compostaxe na UDC". 13 novembro na facultade de Ciencias.

bolseirxs OMA-UDC
Dentro do ciclo de charlas e obradoiros da Oficina de Medio Ambiente organizamos unha actividade sobre a compostaxe o día 13 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Ciencias. 


A Universidade da Coruña conta cun proxecto pioneiro de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de dous comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus nunha área de compostaxe comunitaria e nun compostador dinámico, o “campusteiro”.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos...) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza. 

A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:
 
10.30 – Charla 
A compostaxe na UDC, a cargo de Manuel Soto (UDC)
Como facer compostaxe na casa, a cargo de María R. Lafuente (ADEGA).
11.45 – Visita guiada ás áreas de compostaxe. 

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es

SOLICITADOS CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
Para este ciclo de actividades e obradoiros están solicitados dous créditos de libre configuración (asistencia mínima de 20h) ou un crédito de libre configuración (asistencia mínima de 10h).

Máis información: 

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib